Saltar ao contido

Voo 961 de Air Transat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 961 de Air Transat
O avión accidentado en 2004
Resumo
Data  6 de marzo de 2005
Causa  fallo estrutural
Lugar  aeroporto Juan Gualberto Gómez
Coordenadas 
Orixe  aeroporto Juan Gualberto Gómez
Destino  Quebec-Jean Lesage
Aeronave
Tipo de aeronave Airbus A310-308
Operador  Air Transat
Rexistro  C-GPAT
Pasaxeiros  262
Tripulación  9
Superviventes  271 (todos)

O voo 961 de Air Transat era un servizo internacional entre Varadero, Cuba a Quebec, Canadá. O día 6 de marzo de 2005 o Airbus A310-308 que operaba a ruta experimentou un fallo estrutural no que o temón se desmontou en voo. A tripulación foi capaz de recuperar o control do avión e regresou con seguridade a Varadero. En xaneiro de 2019 o aparello aínda estaba en servizo con Air Transat.[1][2]

A investigación determinou que o procedemento de inspección do fabricante para o temón non era o axeitado.[3] Os procedententos de inspección para estruturas de materiais compostos en avións de pasaxeiros cambiaron debido a este accidente.

  1. "History ✈ C-GPAT ✈ FlightAware". FlightAware (en castelán). Consultado o 2019-01-18. 
  2. "CCARCS-RIACC - Aircraft History Details". wwwapps.tc.gc.ca (en inglés). Consultado o 2019-01-18. 
  3. "Informe do accidente" (PDF). Transport Canada. Consultado o 2019-1-18.